Benvido a páxina web do Lic Serra do Cando
Introducción PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Xoves, 12 Outubro 2006 11:00

 

Un dos principais problemas ecolóxicos que na actualidade está a sufrir o noso planeta é a perda da biodiversidade, fundamentalmente como consecuencia da destrucción e fragmentación dos hábitats naturais e seminaturais, actuando de xeito sinérxico con outros factores como a perda de calidade dos hábitats, a contaminación do medio ou a presión directa sobre especies con poboacións reducidas. (Bennett, 1999; Gurrutxaga, 2004).

Os homes e as mulleres realizamos cada día actividades que de xeito indirecto contribúen á perda de biodiversidade: comprando alimentos, fabricando vestidos, construíndo vivendas, bebendo auga pura, usando terra fértil para os cultivos, respirando osíxeno, sen embargo, non somos totalmente conscientes de que a nosa supervivencia depende dela e do seu gran valor tanto real como potencial. Todos os organismos teñen un valor para a sociedade humana, tanto si podemos aproveitar eses beneficios directamente, como se aínda non é posible facelo.

Porén a diversidade biolóxica constitúe a base da existencia humana. Ofrécenos moitos servicios esenciais para a vida, como limpar o aire a auga a terra; descompón os residuos e equilibra o clima. Cumpre múltiples funcións ecolóxicas esenciais para a vida que deben ser mantidas para as actuais e futuras xeracións, coma por exemplo, a protección das cuncas hidrográficas, a regulación do ciclo dos nutrientes, o control da contaminación, a formación dos solos, a fotosínteses, o mantemento do equilibrio dos gases atmosféricos. As especies e as súas variedades bríndannos alimentos, fármacos, distintas clases de materias primas, e o melloramento dos nosos cultivos. E ademais, na actualidade, que un territorio conte cunha rica biodiversidade implica que conta cun recurso turístico, e polo tanto económico.

 

Última actualización feita o Luns, 03 Agosto 2009 09:05
Ler máis...