Signo, ingeniería del territorio

Menú principal

Menú secundario

Áreas de actividade, Solucións no ámbito xeográfico e ambiental

Área de GIS e Tecnoloxías da Información

Portais Web con funcionalidade xeográfica

Exemplo de portales web con funcionalidade xeográfica

Internet é o medio ideal para a distribución dos datos xeográficos, xa que permite o acceso universal e ininterrompido á información, así coma unha rápida e sinxela actualización. En SIGNO creamos xeoportais cos que é posible mostrar e consultar todo tipo de datos xeográficos. Para iso integramos datos procedentes de distintas fontes, desenvolvemos novas funcionalidades e proporcionamos soporte técnico, mantemento e formación.

Funcionalidades comúns dos xeoportais:

  • Ferramentas de navegación
  • Xestión de capas
  • Consultas a bases de datos
  • Consultas espaciais
  • Impresión de fichas, informes e mapas
  • Conexión con servizos OGC (Catastro, SIGPAC, ETC.)
  • Actualización de datos

Ademáis das funcionalidades comúns, desenvólvense outras máis específicas en función das necesidades e a utilización do xeoportal.

As Nosas aplicacións están desenvolvidas tanto sobre software comercial (Servizo de Aloxamento de Mapas de Geograma) como Open Source (MapServer/GeoServer) e están basados en estándares WMS/WFS (Web Mapping Services e Web Feature Services) do OGC (Open Geoespatial Consorcium) o que asegura a interoperabilidade das aplicacións desenvolvidas.

Exemplo de portais web con funcionalidade xeográfica

Algúns exemplos de xeoportais:

Turismo
Os municipios e as comarcas poden facer accesible de forma sinxela a información turística da que dispoņen, xa que ademáis da cartografía é posible poņer a disposición dos visitantes documentación fotográfica e multimedia.
Plans xerais de urbanismo
Permiten a consulta dos Plans Xerais de Ordenación Urbana por parte dos cidadáns que poden visualizar tanto a cartografía coma a información asociada á clasificación do solo.
Guías empresariais e comerciais
Mediante a guía de empresas en internet os concellos e os polígonos industriais contan con unha novedosa ferramenta de promoción económica. As guías localizan todalas actividades económicas sobre a cartografía e a fotografía aérea, permitindo ademáis realizar distintos tipos de búsquedas, tanto xeográficas, coma basadas nas características da actividade (número de empregados, facturación, sector de actividade, rúa, etc.), elaborar infomes, optimizar as rutas de transporte, dispoņer dun espazo web para as empresas, etc.

Web 2.0

Os portais Web 2.0 básanse nunha participación activa dos usuarios, desenvolvemento emantemento da páxina. Por iso os nosos portais contan con numerosas ferramentas que facilitan dita participación, tales como a creación de contidos en común, a creación de foros ou a posibilidade de subir fotos e vídeos entre outros.

www.educacionambiental.eu, medioambiente 2.0

Consultoría

Máis do 80% da información empregada polas organizacións ten unha compoņente espacial, podendo obter vantaxes competitivas derivadas da explotación de dita información.

En SIGNO colaboramos cos nosos clientes durante tódalas fases do proxecto, dende a elección das mellores tecnoloxías ata a análise da información e o soporte do sistema.

Servizos de consultoría

  • Integración de sistemas
  • Captura e tratamento da Información
  • Adquisición de datos, software e hardware
  • Xestión de frotas e optimización de rutas
  • Xeomárketing e estudos de mercado

Organizacións que poden obter vantaxes competitivas do emprego e implantación dos GIS

  • Administración
  • Empresas de Loxística e Transporte
  • Distribuidoras
  • Pequeno e mediano comercio
  • Franquicias
  • Enxeņarías
  • Arquitectos

Voos virtuais

Realizamos voos virtuais en 3D a partir do modelo dixital do terreo e fotografía aérea. Mediante estas aplicacións é posible unha representación exacta do territorio con información multimedia asociada.

Capturas de voos virtuais

Os escenarios realizados permiten voar libremente sobre o territorio ou unha navegación guiada a través do mesmo con unha presentación ordeada da abundante información asociada aos distintos puntos de interese. Unha vez xerados, a información pode difundirse en distintos soportes, como puntos de información multimedia, DVD e Internet.

Capturas de voos virtuais

Aplicacións GIS personalizadas

Somos especialistas na realización de desenvolvementos personalizados tanto sobre SIG comercial, como sobre software libre. Para isto analizamos os requerementos dos nosos clientes e adaptamos o software configurándoo dacordo coas súas necesidades específicas, ofrecendo ademáis mantemento, actualizacións e formación posterior

Cartografía multimedia

SIGNO elabora aplicacións en formato Flash nas que ademáis da cartografía interactiva incluímos información adicional como fotografías, vídeos, sons ou gráficos interactivos. Este formato permítenos a difusión a través de diferentes soportes como o DVD, PIM (Puntos de información multimedia) e Internet.

Cartografía en papel

Os clásicos mapas en papel seguen sendo un medio excelente para difundir información xeográfica. En SIGNO elaboramos cartografía para a súa utilización en todo tipo de publicacións, tales como guías turísticas, folletos. Para a elaboración desta cartografía pártese de información en formato GIS que é tratada dentro de programas de deseņo para mellorar os aspectos gráficos, incorporando ademáis o Modelo Dixital do Terreo con sombreado topográfico e ortofoto para mellorar a súa lexibilidade e facilitar o seu uso.

Formación

SIGNO ten unha ampla experiencia en formación en Sistemas de Información Xeográfica e cartografía. Distintas empresas privadas confiaron en nós para a formación do seu persoal técnico, sendo ademáis colaboradores habituais de Universidades e colexios profesionais na organización de cursos específicos nestas materias.

Investigación e Desenvolvemento

SIGNO traballa co apoio da Consellería de Innovación e Industria Xunta de Galicia a través do Plan Galego de I+D no desenvolvemento de aplicacións web con contido xeográfico como ferramentas para a promoción económica. Preténdese poņer tanto a disposición dos emprendedores, como das empresas xa consolidadas, información territorial, demográfica e económica que contribúa a mellorar a súa competitividade no mercado.

Área de Mediambiente e Ordenación do Territorio

Planeamento Urbanístico

SIGNO colabora cos equipos redactores das figuras de planeamento urbanístico na recollida de datos, preparación de documentos de información para os Plans Xenerais de Información Municipal.

Evaluación ambiental Estratéxica

Levamos a cabo as labores de consultoría necesarias para a Evaluación ambiental estratéxica das distintas figuras do planeamento urbanístico, principalmente segundo a lei 9/2006 da evaluación dos efectos de determinados plans e programas sobre o medio ambiente.

Estudos de Impacto ambiental

Para completar a oferta de estudos ambientais de figuras de planeamento, SIGNO leva a cabo Estudos de Impacto Ambiental de distintos proxectos, especialmente de aqueles relacionados co urbanismo e a edificación

Estudos de Viabilidade Ambiental

A incorporación dos principios de sostibilidade ambiental na elaboración de determinados proxectos, fai precisa a elaboración dunha diagnose ambiental ou un modelo de viabilidade ambiental da actuación proposta considerando o seu ámbito de influencia.

Proxectos e Actividades de educación ambiental

SIGNO actúa coma asistencia técnica de entidades municipais e supramunicipais para a elaboración de proxectos e actividades de educación ambiental. Para iso levamos a cabo actividades como a organización de xornadas, talleres e exposicións, así coma a elaboración de material multimedia e interactivo en DVD e Web.

Axendas 21

As axendas 21 son ferramentas fundamentais para o desenvolvemento sostible dos municipios. Nelas intégrase información ambiental, económica, social e cultural e de calidade de vida, poņendo énfase especial na participación cidadán.

Información sobre a web

Copyright © Signo. Tódolos dereitos reservados. Contacto | Política de Calidade e Medioambiente| Fondos públicos

Valid XHTML 1.1 ĄCSS Válido!

Certificación ISO 9001 Certificación ISO 14001